O Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (IEGPS), centro mixto do CSIC coa Xunta de Galicia, celebra a Semana de la Ciencia y la Tecnología cunha exposición titulada “Soños de Pedra. Séculos XIII-XVII”.
Os debuxos que podemos ver nesta exposición son só unha selección do proxecto Corpus de Escultura funeraria, epigrafía y herádica medieval gallega, dirixido por Eduardo Pardo de Guevara, investigador do CSIC e directo do IEGPS.
Esta é a principal proposta do CSIC en Santiago para conmemorar a Semana de la Ciencia y la Tecnología, ainda que podemos atopar en diferentes cidades galegas máis actividades con este motivo.
O CSIC preparou preto de 200 actividades divulgativas en toda España, nos 60 dos 128 centros da institución poderanse realizar visitas guiadas e gratuitas que permitan coñecer o día a día dos investigadores.
Tamén che pode interesar:
- O cerebro e o sistema nervioso, protagonistas da VI Semana da Ciencia promovida por Innovación e Industria
- O Seminario Muller e Universidade da USC debate na Semana da Ciencia sobre distintas cuestións actuais de bioética
- O Observatorio Astronómico da USC celebra a Semana da Ciencia con conferencias, cursiños, xornadas de portas abertas e sesións para nenos


0 respostas
Segue a conversa, subscribe o RSS feed dos comentarios desde post.