Investigadores da Universidade de Vigo (UVI), co profesor José María Cancela á cabeza, colaboraron no estudo coa empresa Geriatros e coa Universidade de León, formando un equipo multidisciplinar de licenciados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, fisioterapeutas, médicos e enfermeiros.
O obxectivo da investigación era estudar os efectos da práctica do exercicio de tipo aeróbico a dúas intensidades, ao 40 % e ao 60 % da Frecuencia Cardíaca Máxima (FCM), en persoas maiores con deterioro cognitivo. O estudo centrouse en comparar a evolución de tres grupos de traballo, dous que realizaban o exercicio físico nesas dúas intenesidades cun terceiro que participaba nun taller de memoria, entre outros tipos de actividades de carácter cognitivo. No caso dos grupos que realizaban exercicio físico, os que facían a actividade ao 40 % da FCM tiveron mellores resultados cos que se exercitaron ao 60 %. Aínda que este achado non é concluínte debido á curta duración do proxecto, abre unha nova liña de traballo que se prevén desenvolver nos vindeiros tres anos.
Fonte: DUVI. Diario da Universidade de Vigo (25/06/2010).


0 respostas
Segue a conversa, subscribe o RSS feed dos comentarios desde post.