Saltar ao contido


Investigadores galegos comercializan un marcador que permite coñecer o sexo do rodaballo

O equipo de investigadores da Facultade de Farmacia da USC, do que forma parte o catedrático de Xenética Paulino Martínez, leva traballando cinco anos na identificación dos marcadores de ADN específicos de sexo en rodaballo.

Agora acaban de comercializar o marcador que permite identificar o sexo do rodaballo de acuicultura sen necesidade de esperar a que estea maduro, proceso longo que precisa ao redor de dous anos. Este paso é moi importante para avanzar na localización do xen determinante do sexo, xa que permitirá determinar se son machos ou femias cando son larvas e a partir de ahí adaptar todo o proceso de alimentación e crianza.

Paulino Martínez, quen deu unha conferencia onte sobre Aplicacións da xenómica para a mellora en acuicultura, falou tamén da necesidade de reducir ao máximo a consanguinidade nas producións de rodaballo de piscifactoría.

Fonte: La Voz de Galicia (27/01/2010).

Post na categoría divulgación científica.

Unha resposta

Segue a conversa, subscribe o RSS feed dos comentarios desde post.

Continua a discursion

  1. Vivamos como galegos! :: LARP Costumes, LARP kit, LARP FTW enlazado con este post on 15 de Febrero de 2010

    [...] Investigadores galegos comercializan un marcador que permite … [...]

Podes empregar algo de HTML

(necesario)

(necesario pero nunca empregado)

ou, conteste via trackback.