A investigadora coruñesa CSIC Eva Parga elaborou a primeira base de datos de empresas dedicadas en España á Arqueoloxía comercial, e sinala que se trata dun "sector emerxente" que nace da lei española de patrimonio histórico de 1985 e ten, da man da innovación, "a oportunidade de encontrar un sitio con grande impacto na sociedade e na economía". No estudo contabilízanse 173 empresas dedicadas a servizos relacionados co patrimonio en España, 22 delas, en Galicia, a sexta comunidade por número de negocios e a primeira que contou cun servizo de Arqueoloxía na Administración.
Os servizos nos que se centra este novo sector son a catalogación e o inventariado de bens de interese cultural; avaliación do impacto arqueolóxico de obras; servizos de asesoramento e consultoría, que guían os seus clientes sobre como actuar se se encontra un depósito; difusión, e combinacións de servizos de patrimonio cos de restauración ou medio. A autora do estudo ve un forte vínculo entre este sector e a Administración pública. "A Administración é clienta no 30% dos casos, o segundo máis importante por detrás das construtoras e inmobiliarias e, cando non é cliente, intervén, porque se necesitan informes", di Parga.
En canto á vinculación a sectores empresariais da Arqueoloxía comercial, Parga explica que a actividade en Galicia é máis estable que en comunidades como a valenciana, onde a xestión de bens patrimoniais creceu moi vinculada á construción, polo que se resentiu máis tras a crise. A investigadora estima que a sociedade galega si valora o patrimonio, aínda que avoga por traballar máis en concienciación: "Gústanos ter elementos que nos identifiquen cun pasado e un presente. Encántanos ter un castro, pero empezan os problemas cando molesta para unha obra. Queda moito por traballar", afirma.
Incide a tese, titulada Innovación e emerxencia dun servizo intensivo en coñecemento: o caso da Arqueoloxía comercial, en que se trata dun sector "intensivo en coñecemento": "está composto por xente cun elevado nivel de formación, moi preparada; a clave é saber reabsorber e aproveitar ese coñecemento", defende, e critica que o modelo actual de investigación en España: "Quérese investir en innovación, capital humano…, pero non se sabe facelo. Eses investimentos teñen que ter unha visión integral porque, se non, tírase o diñeiro
Fonte: A opinión de A Coruña 08/04/2011


Comentarios recientes